Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

07/09/09

Por fin fala a RAG

Por fin, como digo, porque creo que tardou demasiado tempo en proclamar algo que tod@s @s que estamos preocupad@s pola lingua sentimos: Xosé Ramón Barreiro aproveitou un acto en que estaba presente o presidente da Xunta para expresar o fondo malestar dos académicos coa súa política lingüística.

"A RAG -di Barreiro- non pode quedar en silencio cando se toman decisións que afectan á lingua á súa espalda", uns "decretos" que, dende o seu punto de vista, causan "desasosego" na poboación, ao "crear problemas" nun eido que, dende hai anos, di, gozaba de "normalidade". Así as cousas, o presidente da institución optou por aproveitar "un dos poucos púlpitos que agora se lle ofrecen á Academia" para instar ao Goberno galego a non "facer un problema" do idioma e "transmitirlle íntegro" o patrimonio cultural galego ás futuras xeracións.

Podedes ler aquí a noiticia de Vieiros.

Observamos con gratitude como "O mundo literario alíñase con Barreiro nas críticas á Xunta". Podedes lelo premendo aquí.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.