Por favor, escoitádeos e cavilade, porque non teñen desperdicio.
Na presentación do vídeo dise o seguinte:
Dende hai varios anos a Universidade de Santiago de Compostela vén organizando os Cursos de galego para estranxeiros. Estes cursos constitúen un privilexiado espazo no que estudantes de todo o mundo se afanan por aprender a lingua de Galiza e o conxunto da nosa cultura. Hai xa algún tempo tres compañeiros de instituto gravamos unha reportaxe sobre estes cursos. Dado que os que realizamos o vídeo traballamos no ensino, a nosa intención era elaborar unha ferramenta audiovisual que constribuíse á normalización do noso idioma e á eliminación dos prexuízos lingüísticos entre aqueles alumnos e alumnas que aínda non fixeron do galego a súa lingua de uso habitual. Probablemente non exista un método máis eficaz para o desbotamento deses prexuízos que aínda atenazan a boa parte do estudantado galego, cá contemplación dun vídeo na que, por exemplo, unha húngara exprese as razóns que a moveron a estudar galego e que o faga cun coñecemento do noso idioma realmente envexable. Ogallá vos guste e moitas grazas aos amigos estranxeiros, pero xa fillos de Galiza, que participaron no documental.
1 comentario:
Resulta impresionante.
Este video había que poñérllelo a algunha xente do país que sinte autoodio cara a súa propia lingua.
(Chamoume a atención o feito de que na selección de alumnos non houbese ningún anglosaxón. Supoño que a eles co inglés xa lles abonda. Seguramente son o outro lado da corda...)
Saúdos
Publicar un comentario