Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

07/10/09

A dama da Luz

Fermoso libro, fermoso texto, fermosa historia, fermosas ilustracións. A dama da Luz de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Jorge Magutis, é unha xoia bibliográfica que debemos ter nos nosos andeis. Para abrila de cando en vez. Para deter o esquenzo de historias máxicas.
Unha historia fantástica que conta a loita perenne entre o Inverno e a Primavera, -seres fantásticos que viven nunha vila mariñeira moi diferente á que existe actualmente- da man do avó de Marta, protagonista e gardián dun segredo do pasado que relata agora con tenrura á súa neta para que esta comprenda a transformación e a ledicia do entendemento. Porque a vida tamén sabe ofrecer marabillas, como esa flor que descubrirá a nena nunha fenda, unha flor que é quen de medrar entre o asfalto como triunfo da natureza. E que é a fin dun relato marabillosamente nostálxico.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Ola son Ramón, profe de bioloxía, e xa merquei o libro por que me encnata como escribre Agusin, ademáis veu polo cole dúas veces e é unmha persa marabillosa...disfrueino moitisimo, e uha historia fermosa, e as ilustracións traenme mmoito recordos do Vigo de cando eu era pequeno....unha xoia, tiñas razón....unha aperta

Ronsel dixo...

Ola Ramón. Alédame que che gustase o libro e que te fíes das nosas recomendacións. Un pracer e un honor terte como seguidor. Saúdos afectuosos.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.