Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

07/10/09

Primeira actividade

A primeira actividade extraescolar deste curso no IES nº 1 do Carballiño foi levar ao alumnado de 1º de Bacharelao ao teatro. Que fomos ver?: Comedia Bífida. A pesares de que a min non me gusta, estou extraordinariamente satisfeita de asistir despois de ler isto:

GB acusa á Xunta de "financiar actividades que menosprezan o castelán"

Galicia Bilingüe ha difundido un comunicado en el que acusa a la Xunta de Galicia de financiar y promover algunas actividades dirigidas a escolares "con alto contenido ideológico nacionalista y basadas en el menosprecio a los castellanohablantes".
De esta forma, Galicia Bilingüe considera "altamente tendenciosa" una campaña impulsada por la Editorial Galaxia e integrada en el programa Bocaberta de la Secretaría Xeral de Política Lingüística, bajo el título 'En galego, por que non?'.
Se trata de una iniciativa que pretende el acercamiento al gallego de los más jóvenes mediante espectáculos teatrales, de marionetas y publicaciones didácticas a través de la obra teatral 'Comedia Bífida', de Manuel Núñez Singala. Esta obra representa, "supuestamente en clave de humor", según explican los responsables de Galicia Bilingüe, un juicio a cuatro acusados de atentar contra la lengua de su país, que "no deben ser considerados" como gallegos por utilizar el castellano de forma habitual.
Galicia Bilingüe critica que la Xunta impulse este tipo de actividades que, "bajo el paraguas del apoyo al idioma gallego, se concentran básicamente en la censura y la burla hacia los gallegos que tienen como lengua habitual el español y en el adoctrinamiento de los escolares en la ideología nacionalista".

Coma sempre, descontextualizan e vense caracterizados en escenas que cheas de humor falan de prexuízos e tópicos que existen contra a nosa lingua.



Agardo a que sexa o alumnado quen me diga agora que lles pareceu a obra.

15 comentarios:

La secre resfriada dixo...

Recordo cando fomos a vela CONTIGO...
tamén os intentos de facela.

bicos a moreas

Ronsel dixo...

Grazas por ese "CONTIGO" tan maiúsculo... canto me cómpren os vosos mimiños!!!

Anxinho dixo...

Xa empezas!!
Pobres alumnos, o que lles espera contigo! Nin imaxinan a sorte que teñen...

Oshidori dixo...

Eu non me afago a ser EX-alumna..

Ronsel dixo...

Nunca seredes EX, querida Oshidori! Sempre estaredes connosco.

Jenni dixo...

A obra teatral gustoume moito. Pareceume entretida e moi divertida. O que máis me gustou foi que fixeran participar a uns cantos do público na obra e que a outra gran maioría a fixeran disfrazarse de mortos para seren xulgados.
Se tivese que criticar algo, sería a acústica, xa que a maioría das veces non se entendía ben o que querían dicir.
Eu recomendaríalles que a próxima vez puxeran micros ou ben que berrasen un pouco máis.

Raquel Rodríguez Vázquez dixo...

A min persoalmente, a obra pareceume orixinal. O de interactuar có público creo que foi moi boa idea pois axuda a que sexa máis amena.
Como galega-falante que son, o contido da obra considereino idóneo. Non penso que se mofára do castelán, senón que reivindicaba que a xente xove fale a lingoa da súa comunidade. Acción que debería realizar a maioría da mocidade da nosa sociedade, pero que por desgraza non ocurre.
Obras coma esta, creo que poden chegar dunha forma máis directa a todos nós, e cambiar un pouco a forma de pensar sobre o galego; pois moita xente, como ben mostra a obra, cren que o galego só o falan as persoas do rural, ou os que non teñen moita cultura, cousa que non é así.
Espero que o galego non desaparezca nunca, e que pouco a pouco, Galicia, sexa unha comunidade bilingüe, e que esto non só sexan palabras escritas nun papel, como ocorre hoxe en día, senón que sexa o que en verdade suceda en Galicia. Pois é un dos previlexios máis grandes que podemos e poderemos ter os galegos.

Fernando Casal Crespo dixo...

A min, persoalmente, a obra pareceume interesante. O personaxe do demo foi o que máis me gustou, interpretou moi ben o seu papel. Ainda que todo o reparto representou moi ben a obra

Raquel Pires Dos Santos dixo...

Gustome moito a obra e pareceume moi divertida.Paréceme ben que se fagan obras de teatro pa defender o galego, e así algunhas persoas anímanse a falar galego. Os persoaxes que máis me gustaron foron os de anxo e de demo que me pareceron moi graciosos e fixérono moi ben.

Ana Cristina Des Pérez dixo...

A min gustome moito. Foi unha obra moi divertida e bastante amena. O que non me gustou é que non se escoitaba o suficiente, tiñan que berrar máis. O personaxe que máis me gustou foi o demo, que era moi divertido.
A obra fíxome reflexionar en que só falo galego cunha parte da miña familia e co resto da xente en castelán, pero non porque me parezca unha lingua do rural senón porque xa estou acostumada.

Ana Tamara Álvarez Álvarez dixo...

A miña opinión a cerca da obra de teatro refírese máis ben a unha crítica que a unha opinión boa. Unha das cousas que non me gustou nada é a audición, non se escoitaba nada do que falaban, non falaban nada alto. Cando encenderon o micrófono e cantaban, entón cantaban demasiado alto. Non tiñan un tono intermedio. A forma de interpretar, a min gustoume bastante, o persoaxe que máis me gustou foi, o demo, facía un papel largo, difícil de interpretar, e de entoar, porque poñía moitas voces distintas, tamén me gustou porque un home non moitas veces fai de muller nunha obra de teatro, gustoume moito ese detalle de, como eu diría, igualdade.
Por último, gustaríame que houbera máis actividades coma esta, porque así sairíamos moito máis.

Mirian Gonzalez Castro dixo...

Pois a min gustome a obra porque e moi divertida, e os personaxes fan que sea moito mais ameno facendo que o publico participe.O personaxe que mais me gustou sen dubida foi o dem@. Tamen a obra me fixo pensar que moitas das cousas que se dician sobre o galego son certas, como por exemplo o de dicir que o galego non e pra xente culta!!! e iso e totalmente mentira!!! Bueno e pra finalizar dicir que e a obra que mais me gustou das que vin ata agora.

Ana Tamara Álvarez Álvarez dixo...

A miña opinión a cerca da obra de teatro enfocareina máis hacia a crítica que hacía a boa opinión.
O primeiro que non me gustou nada da obra de teatro era a audición, refírome, a como se oía, oíase pouco e mal. Non falaban alto e non falaban claro. Cando puxeron o micrófono para cantar, escoitábase peor, gritában demasiado; tiñan que ter un tono intermedio.
Algo que sí que me gustou da obra de teatro foi o actor que facía de demo, ou neste caso unha demo. Pareceume o máis bo da obra porque facíao un home, e neste tipo de xéneros, non soe actuar un home como unha muller, pareceume moi bo, porque reflicte a igualdade na nosa comunidade.

Alba Fernández Caderno dixo...

Amin a obra pareceume moi interesante. Trataba de criticar a situación da nosa lingua dende un punto de vista orixinal, para facer reflexionar sobre complexo de inferioridade que temos respecto á nosa lingua e o prexuízos absurdos cara ela. O personaxe que máis me gustou, sen dúbida, foi o demo, porque era o que máis chamaba a atención e pareceume que o actor que o encarnaba fixo moi ben o seu papel.

Unknown dixo...

Estou de acordo cos demáis comentarios, xa que me pareceu unha obra orixinal que trataba un tema interesante. Pero creo que tampouco ten nada malo falar castelán, sempre que non se despreze como lingua o galego. Coincido tamén en que un dos actores que máis me gustou foi o demo, xa que , ainda que todos actuaron ben, pareceume un dos máis amenos e divertidos.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.