Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

08/10/09

Hypatia - Ágora

Estes días foi o agardado preestreo da última película de Alejandro Amenábar, Ágora. Foi unha agradable sorpresa saber que a vida (e morte) da primeira gran matemática da historia ía ser pasada á grande pantalla.
É bastante probable que teña que agardar a que o filme saia en DVD para poder disfrutar del, pero polo historial do director e sendo coñecedor da vida que tivo a protagonista da historia, voume atrever a recomendárvola. Se despois non me convence, prometo tragar as miñas palabras.
Polo de pronto, déixovos o trailer da película e unha breve reseña da biografía de Hypatia.



Hypatia naceu en Alexandría (Exipto) e criouse no culto ambiente desa cidade. O seu pai foi un ilustre filósofo e matemático que traballaba no Museo que non só permitiu que a súa filla estudase Ciencia e Filosofía, senón que foi tamén o seu primeiro mestre. Ela formouse como científica no Museo, do que chegou a ser directora, pero tamén viaxou a Italia e Atenas para recibir cursos de filosofía. Despois dedicouse durante 20 anos a ensinar Matemáticas, Astronomía, Lóxica, Filosofía e Mecánica no Museo. Fíxose famosa por ser a mellor na arte de resolver problemas, tiña tan boa reputación que chegaban estudantes de Europa, África e Asia a escoitar as súas ensinanzas sobre a aritmética de Diofanto.
Tivo unha vida moi prolífica durante a que chegou a escribir 44 libros; ademais, foi unha grande inventora e entre os aparellos que se lle atribúen destacan o astrolabio plano (para medir a posición das estrelas, os planetas e o sol), o aerómetro (para medir líquidos), o destilador de auga ou o planisferio.
Defendeu o heliocentrismo e era unha ardente defensora da cultura pagá, o que lle supuxo a inimizade e o odio dos cristiáns da cidade. Negouse a converterse ao cristianismo e a renunciar ao coñecemento do grego.
Acadou tanta popularidade que un día o bispo Cirilo ao pasar por diante da súacasa viu un gran movemento de xente e, ao preguntar que pasaba, dixéronlle que era a casa de Hypatia e que ela estaba saudando. Algúns autores pensan que esta é a orixe da conspiración que remataría coa súa vida. Na coresma do 415 foi brutalmente asasinada por un cento de encapuchados vestidos de negro. A súa morte marca a fin de Alexandría como centro da matemática antiga.
Sen dúbida, foi a científica máis famosa da antigüidade e a primeira da que a súa vida e obra están documentadas. Cento vinte anos despois da súa morte, Sócrates dixo dela "a beleza, intelixencia e talento desta gran muller foron lendarias, e superou ao seu pai en todos os campos do saber"

"As mulleres nas Matemáticas"
Matilde Ríos Fachal
Baía Edicións

6 comentarios:

I. CAMACHO dixo...

Yo he tenido la suerte de verla y me ha gustado bastante. Quizá es que la miro con buenos ojos: Alejandría, su mítica biblioteca, una mujer brillante y apasionada por el conocimiento, una mujer sola en un mundo de hombres... Sólo por el hecho de haber elegido este tema y este personaje para hacer una película, Alejandro Amenábar merece un aplauso. No os la perdáis.
Bicos e apertas dende Loranca.

paideleo dixo...

Con semellante biografía non semella difícil conseguir unha boa película.

Anónimo dixo...

Ola, son Ramón Cabanelas, profesor de ensino secunario dun ole pivado, e aínda que Biólogo, visito moitas veces o voso blogue e o utiizo na clase co me alumnado....eu tamén estou esperando con moita ilusión o estreo desta pelicula, pois son un admirador de Amenabar, e máis pola temática desta formidable matemática.....falaremos despois da estrea...Saúdos

Anxinho dixo...

Tras o que comentades, moito me temo que tentarei vela canto antes.

Saúdos para tod@s!

Ronsel dixo...

Acabo de ir vela: encantoume a personaxe feminina, a súa soidade e a súa intelixencia... pero a peli non dá todo de si, creo. Unha superprodución moi americana.
Iso si, o fundamentalismo relixioso, neste caso o cristián, máis que ao descuberto.

Anxinho dixo...

Grzas compañeira por poñerme os dentes longos! (e por convidarme a ir contigo... isto é irónico, claro jejejeje)

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.