Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

08/10/09

Retos matemáticos... e non tanto (XXIV)

Novo curso. Novo lugar. Novos retos (pero doados, que aínda estamos empezando...)

Reto 1.- Unha persoa entra nunha zapatería e merca uns zapato de 60 €, pagando cun billete de 100 €. O zapateiro, ao non ter cambio, mandou a un empregado a buscalo nunha panadería cercana. Despois entregoulle ao cliente a súa volta. Momentos despois apareceu o dono da panadería esixindo a devolución dos seus cartos, xa que o billete era falso. Polo tanto o zapateiro devolveulle os cen euros. Xorde unha dúbida, cal foi a perda do zapateiro?

Reto 2.- "¡Ola amiguiños! ¡Benvidos ao show super-hiper-megaentretido do pallaso Pepiño! Imos facer un xogo cos nenos do público. Vide nenos, imos dividilos en dous equipos iguais para que compitan... Ordé! Que problema, sóbrame un meniño! Xa sei! Mellor fagamos tres equipos en lugar de dous! Vaia ho, así sobran dous nenos! Probemos distribuíndoos en catro equipos, a ver se así dan as contas. Non pode ser! Agora sóbranme tres nenos! Ben, último intento: formemos cinco equipos a ver que pasa... Nooooooooon!!! Sobran catro! Mellor imos ver uns debuxos animados e deixen de molestarme!!!!
Cantos nenos había entre o público do show do pallaso Pepiño?

Reto 3.- Nun partido de balonmán o equipo local tivo un moi bo primeiro tempo quedando 16-3, gañando. Pero no segundo tempo o resultado mudou considerablemnete. Por cada gol que metía o equipo local, o visitante metía dous. Seguindo esta lóxica, o visitante gañou pola mínima diferenza. Cal foi o marcador ao final do partido?

Reto 4.- Un home vai baixando nun ascensor cando advirte que a súa muller acaba de morrer.
Por que o sabe?

29 comentarios:

Sil dixo...

¡Por fin! Xa facía tempo que non poñíades os retos matemáticos. O problema é que non sei se saberei algún. Pero pensar pensareinos

La secre dixo...

Creo que sei o primeiro,párece moi facíl por iso sospeito non é así, aínda así a miña resposta é 140€

Anxinho dixo...

Digo o de sempre querida secre: dame o teu razoamento e eu confirmareiche se estás no certo... ou non!

;)

La secre dixo...

100€-60€=40€ doulle a persoa pola volta dos zapatos.

e mais 100€ que lle reclama o panadeiro, 100€+40€=140€

Vai mal fixo, é demasiado sencillo

bolbor dixo...

Vou dicir algo para que logo non digades... perdería os 40 que dou na volta máis o custo dos zapatos?.
Mañá pensarei un pouco máis... se me deixan...
Saúdos para tod@s e grazas por ofrecernos máis retos... e non tanto jijiji!!

Anxinho dixo...

que despistadiños vos vexo!! Estades faltos de adestramento ou que? Pensade, pensade...

bolbor dixo...

Vale, vale, pois entón non sei o primeiro (pero mira que digo o custo dos zapatos, porque ao zapateiro o mellor non pagou 60 euros por eles -de ser así non faría negocio-).
Vou logo co 2º. A ver, dado que sobran 4 ao dividir por 5 o número ten que acabar en 4 ou en 9, pero non pode acabar en 4 porque entón sería divisible por 4 e por 2. As decenas non poden ser 3,6,9 porque entón sería divisible por 3, e tampouco pode ser 7 porque entón sería divisible por 4. Así quedarían como posibles: 19, 29, 49, 59 e 89. Pois entón 59.
Mañá penso outro... se é que queda.
Saúdos!!

Anxinho dixo...

Amigo bolbor, entendo o que queres dicir co do custo dos zapatos, pero creo que non tes en conta algunha cousa...

Respecto ao segundo, dás a resposta correcta. Non ías perder as facultades así como así...

bolbor dixo...

Pois siiiii!!!
Claro, ao cambiar recibe (60+40) dos cales 40 van ao cliente xunto cos zapatos (estas dúas perdas xa estaban consideradas) pero logo debe devolver os 100 para o cal empregará 60 dos iniciais máis outros corenta que terá que poñer. Entón perde 40+zapatos+40. E se está mal outra vez xa me dou por xubilado, que os anos non pasan en balde...
Saúdos para tod@s.

Sil dixo...

A min tamén me da 140€ razonndo como bolbor, pero como xa dixeches que non eran non pensei máis.

La secre dixo...

jo eu puxen o meu razonamento de que daba 200€ e non o colgou...

bolbor dixo...

Demo de Anxo, o zapateiro perdeu o que dixen ao principio, os zapatos e mais 40 €. O razoamento anterior non é certo porque os 40 euros da volta non eran do zapateiro. Está claro que non se pode fiar un de ninguén...

Marcos dixo...

Reto 3.-
Dado que no enunciado pon que por cada gol que marcaba o local o visitante facía dous, supoño que o primeiro gol do segundo tempo foi o 17-3. Como os parciais eran de 1-2, cada intervalo recurtaballe a diferencia nun tanto.
Así, xa que a diferencia é de 13, en 13 parciais o resultado da segunda parte sería 13-26 e o acumulado 29-29. A continuación marcará o local, 30-29, e finalmente dous os visitantes deixando o tanteo final nun 30-31.

Marcos dixo...

Reto 4.-
Como nos ascensores non adoita haber cobertura nin de radio nin de teléfono, descartarei calquera situación na que poidera enterarse por estes medios. Ademáis di que acaba de morrer, así que polo periódico tampouco pode enterarse...
Entón, creo que o único xeito sería que o vira cos ollos:

- Que a muller fose limpiacristaias nun rañaceo e o home baixando nun ascensor destes modernos de cristal que se ve para fora a vise caer e morrer.

- Que a muller fose no ascensor con el e morrese por inhalación de monóxido de carbono, que non fai ruído.(Tamén podía morrer dun ataque ao corazón, pero faría ruído e advertiría que estaba morrendo e non que acababa de morrer).

Anxinho dixo...

bueno, bueno , bueno... como está o patio!!
Imos por partes: a solución ao primeiro reto é 140 € razoando do seguinte xeito: en primeiro lugar, o zapateiro perde 60 €, que é o valor dos zapatos, máis os 40 € de volta que lle dá ao comprador. Tendo en conta que se queda en caixa con 60 € dos que lle cambiou o panadeiro (o valor dos zapatos) e lle ten que devolver 100, non ten máis remedio que engadir outros 40 € máis. Total 60 + 40 + 40 = 140 € Queda claro?

Respecto ao reto 3 (Marcos, grazas por participar)nada que obxectar. Parabens!

E o reto 4, pois, que queres que che diga Marquiños, vese que pensar pensaches pero nin a muller está con el, nin o ascensor é dos modernos de cristal (aínda que tampouco vai a manivela...) Toca seguir pensando a partir da pista que che acabo de dar!

Cristina Ares dixo...

Olaaaa!!
Polo que vexo chego tarde xa...
Que qaceptacicón teñen estes retos!
Alégrome de que volvesen!
Un saúdo e ata os próximos haber se atino algún!!

bolbor dixo...

Pois non, en primeiro lugar o zapateiro perde os zapatos (60). A volta que lle dá ao cliente (40) xa non era do zapateiro (por iso llos dá, claro). Cando veñen a reclamar os 100 € o zapateiro dálle 60 (que son del, pero non se poden contar porque xa se contaron os zapatos) e 40 que TEN QUE POÑER O ZAPATEIRO. Total, que perde os zapatos e 40€.
A ver Marcos, axúdame a explicar isto para que a xente me entenda...
Un saúdo para tod@s.

bolbor dixo...

Pois se non é o que di Marcos... ¿podería ser que o home se dera conta de que se fora a luz porque se parou o ascensor e por algún motivo (nin idea cal) a muller morre por iso???
Non sei, se aínda fora ao revés tería sentido que morrera electrocutada... pero así...

Oshidori dixo...

vale, despois de escribir unha solucion completamente absurda (como sacada dunha peli de almodovar) reparei na pista de Anxo e pensei que se non era un ascensor moderno nin un de manivela tería que ser un destes como o que hai nos edificios vellos, con ventanilla! (que agora por normativa de seguridade debe ter doble porta) polo que o reto está desactualizado!
O caso, veuna polo ventanuxo ese!
:D

A ver se acerto! Que de números non pero destes absurdos...

Bolbor, non o vas crer, pero estou levando a física ao dia!
xD

Saudiños!!

Oshidori dixo...

eu creo que o tema dos zapatos e o do billete son ous temas separados, o zapateiro perde 100€, e nada mais.

ou non?¿?

bolbor dixo...

Sssssssi,si,si,si,si... ao seu último día... jijijijiji!!!

Anxinho dixo...

Moito traballiño me estades a dar desta vez!!
Imos ver, a resolución do reto 4 está próxima seguindo a pista que deu bolbor.

Respecto ao dos zapatos: ¿como dis, amigo bolbor, que os corenta non son do zapateiro?; se foi pedir o cambio, eses cartos xa están na súa posesión. O problema é que o billete do panadeiro é falso, co cal lle ten que devolver uns cartos que xa dera de volta ao timador. Outra cousa sería que o zapateiro tivera o cambio na caixa co que a perda sería dos 100 € que indicas.
Eu vexoo moi claro, pero se queres facemos a proba nunha zapatería... o billete falso polo ti que sei que tes a máquina de facer cartos hehehehe!

Ah! e grazas pola participación, así dá gusto buscar retos!!

Marcos dixo...

A ver, o home está baixando nun ascensor dun hospital, e de súpeto marcha a luz e o ascensor detense. El sabe que a muller morre porque estaba enchufada a unha máquina desas que che conectan para manterte con vida.

bolbor dixo...

Pois eu tamén o vexo claro, jejeje!.
A ver, imaxina que os 100 se cambian en dous billetes de 60 e 40. O cliente leva os zapatos máis 40 e o panadeiro leva 60 máis outros 40. Fíxate que de todo isto SÓ OS ZAPATOS E OS ÚLTIMOS 40 os pon o zapateiro!!!
Outro xeito, fíxate que dos 100 falsos 60 van para os zapatos, que xa están contados como perda, polo que só quedan 40 para completar.
Non sei se fun capaz de explicalo...
+ saúdos.

Marcos dixo...

Na miña opinión, bolbor ten razón.
O zapateiro perde os zapatos en primeiro lugar. Cando o panadeiro se decata do billete falso, esíxelle ao zapateiro os 100 € e destes so ten 60, aos que ten que engadir 40. Así que perde os zapatos e 40.
Os 40 do cambio que dá ao comprador son os 40 que lle deixa o panadeiro e que despois ten que poñer para volverlle os 100 ao panadeiro.

Anxinho dixo...

Unha cousa está clara: estamos obcecados no asunto...

Admítoo... estades no certo!

(aínda que non estou convencido de todo hehehehe)

Por certo: reto 4 superado!

bolbor dixo...

Aaaaahhh, este problema era demasiado difícil para un matemático, juaahgg! juaahgg! juaaaghg!!
Gracias Marcos, xa estaba comezando a sentir a soidade do xenio...
juaahgg! juaahgg! juaaaghg!!

Saúdos e xa estamos agardando... a ver se os próximos non tardan tanto.

Anxinho dixo...

non vaias afonar de tanto rir pedazo de... químico!!!

Rétote de novo o xoves que vén...
(e sigo sen estar convencido, pero polo respeto que me merece a túa veteranía decidín darche a razón...)

bolbor dixo...

Recolle a luva... pero non me deas a razón... que xa eu teño dabondo... Juaagghh!! juaagghh!! juaagghh!! juaagghh!! juaagghh!! juaagghh!! juaaaaaaaaagghh!!
bfff! que non alento...

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.