Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

10/11/09

20 anos sen unha vergoña (II)

Wind of change é unha balada do grupo alemán Scorpions incluída no seu disco Crazy world composta polo vocalista Klaus Meine no ano 1990 despois da caída do muro de Berlín.




The Wall, emblemática ópera rock dos británicos Pink Floyd composta no 1979 e habitual banda sonora das novas que falan sobre o muro de Berlín, non trata en realidade este tema; a parede á que se fai referencia é a barreira psicolóxica que forma o protagonista para illarse do mundo; porén, debido a que na ópera se inclúen algunhas imaxes fascistas e de guerra, a asociación entre The Wall e o muro de Berlín foi un bo pretexto para celebrar o 21 de xullo de 1990 un xigantesto concerto The Wall Live in Berlin para conmemorar o derrube do muro berlinés.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.