Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

13/11/09

Aurora boreal

Seguindo a pegada da novela negra nórdica non podía deixar de ler esta que segundo din mantivo toda a noite esperto a Larsson, o famoso. Tampouco é para tanto. Aurora boreal de Asa Larsson (coincidencia de apelido: común naquelas terras) ten como protagonista a unha muller avogada -ultimamente de moda- que debe axudar a unha amiga acusada do asasinato dun famoso predicador. Cun ritmo que se mantén bastante ben, paréceme bastante lonxe doutras novelas desta temática, sigo quedando con Jo Nesbo ou con Arnaldur Indridason, sen dubidalo. Resulta interesante a visión por dentro destas igrexas que abondan e medran por todas partes (que fai constante a aparición de citas bíblicas na novela), así como o contorno descrito, o cal semella unha parte importante da novela e un centro de interese para a escritora. De todos os xeitos, o ritmo mantense ben e a lectura faise fluída, que é o mínimo que lle pedimos a este tipo de literatura. Total, unha novela máis para fuxir da realidade pero que non deixará un pouso inequívoco e acabaremos esquecéndoa.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.