Si, así se titula este libro, a miña última lectura. Que estabades a pensar?
Tantas maneras de empezar de Jon McGregor é unha novela intimista que, teño que recoñecer, defraudoume un pouco. As expectativas que me creara eran tan grandes que supoño que sempre sucede o mesmo: é mellor que non me recomenden algo con demasiado afán. Ou quizais non fose o mellor momento para lela.
Gustoume sobre todo o xeito de plantexala, a maneira tan orixinal de contala, o feito de encabezar cada capítulo cun recordo de épocas diferentes, mesturando todo e facendo que @ lector estea máis atento. E gustoume o final, sobre todo, como unha afirmación da realidade á que tod@s debemos aferrarn@s, quizais porque non hai outra, por moito que a soñemos. Encantoume a ausencia de retóricas falsas nunha relación que está mimada para facer da muller do protagonista a verdadeira protagonista da historia: o retrato que fai da parella, da súa evolución, do paso dos anos, os momentos de debilidade... é o mellor do libro. Porque é onde reside a intensidade dos sentimentos que o autor nos sabe describir con sinxeleza e melancolía. Quizais sexa esta a palabra clave: a melancolía, parella fiel que sempre nos acompaña. Cun final realista, encaixado, que pecha o libro tal e como queremos que sexa porque buscar outra solución non sería real. Quizais nese momento foi cando máis apreciei a miña lectura, nas últimas cincuenta páxinas.

Sen comentarios
Publicar un comentario