Será que Mankell nunca decepciona? Con El hombre inquieto, Henning Mankell despide a un dos detectives máis famosos da literatura actual: Kurt Wallander. E faino como só un bo contador de historias sabe facer: con delicadeza, con actualidade, con mesura. Porque a medida que imos adentrándonos nas páxinas deste libro imos comprendendo cal será a causa definitiva e irremediable pola que este home deberá deixar de investigar, un motivo presente na nosa sociedade que nos achega á súa humanidade, pois este é un dos seus rasgos máis perennes: un rostro cercano a calquera de nós porque non é un ser especialmente intelixente nin sobrenatural, unha persoa con tantos problemas persoais e un home que é iso tan só: home.
Se lestes algunha outra novela del, sabedes que en cada unha o autor busca un tema en concreto para a través del chegar a analizar as transformacións sociais do seu país, Suecia. E con estes grandes temas, a biografía do protagonista, o seus estados anímicos e a súa saúde. E nesta novela chegamos á vellice: unha descrición exhaustiva de como se sente unha persoa que teme á soidade da vellez, escusa que utiliza ademais para que reaparezan personaxes case esquecidos das súas novelas anteriores e remate o nobelo que empezara a construír dez novelas antes. E así logra un entramado perfecto que nesta ocasión ten como telón de fondo a necesidade -a pesar de todo- de se implicar na política do país porque esta é necesaria e porque move os fíos que nos moven a nós coma se foramos monicreques.
Se vos gusta a novela negra, calquera libro deste autor é recomendable. Se aínda non estades seguros deste xénero e queredes probar, facédeo. A pesar da sona e do "enganche", Mankell ten un pouso que Larsson non conseguiu.

3 comentarios:
lein que o recomendaban nun blog sin lelo... pero agora sí que me animo
Estou "sumerxida" na súa lectura.Coma todos os de Mankell que teñen de protagonista a Wallander, fanme desaparecer da Terra ata que os remato. De verdade será o último?
Sen dúbida, é o último, xa comprenderás por que. Pero pode seguir coa filla...
Saúdos
Publicar un comentario