Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

03/11/09

Guía Lectura do Samaín

Desde o Clube de lectura As Campaíñas do CPI Don Aurelio de Cuntis achégovos a guía de lectura que elaboramos co gallo do Samaín. Lecturas para nen@s, moz@s e maiores.

6 comentarios:

Ronsel dixo...

Parabéns, parabéns, parabéns... xa estás ti tamén enganchado a unha nova biblioteca!!! Para que logo falen da gripe A!

Loly dixo...

Canto me alegro de que o tempo acabe dándome a razón. Lembras querida amiga aquelo de... "Tranquila, o tempo é moi sabio e acaba poñendo a cada quen no seu lugar" e aí estades os dous, dando caña dende tres Bibliotecas Escolares -Dúas máis Trafegando- Meu deus, ei rematar farta de vós...!! (jejeje)
Parabéns Anxinho por esta "fantástica" estrea!!
Bicos para os dous.

Román landín dixo...

Parabéns, Anxo, a min chegoume vía postal e gustoume moito. Évos moi xeitoso. Moi ben maquetado e moitas recomendacións literarias para este outono que non acaba de chegar.

Anxinho dixo...

Grazas a tod@s, pero xa sabedes que o "fotoxó" e o "coreldró" fan miragres...

Bicos e apertas moreas

MESTURAS dixo...

Anxo non entendo a razón pola que fas estas cousas tan raras. Os profes de Mates ensinan Mates, os de Xeografía, poñamos por caso, o mesmo. Deste xeito todo está onde debe estar e ocupa o seu lugar; os nenos e nenas aprenden o importante que é ter todo en caixóns separadiños e ben ordenados, sen mesturar as cousas, para non contaminar as súas tenras mentes.

Anxinho dixo...

Querida Charo acábasme de descubrir. Falsifiquei a sinatura do título da miña licenciatura por aquilo de ter unha estabilidade laboral... ben se sabe que en tempos de crise se agudiza o enxeño! ;)
bicolos

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.