Este elegante álbum ilustrado editado por Barbara Fiore, El pato y la muerte, escrito e ilustrado por Wol Erlbruch, métenos de cheo nun tema normalmente tabú na infancia: a chegada da morte, algo que debería ser máis natural e que non conseguimos que o sexa. O autor reduce a trama para explicar a historia, unha historia baseada na relación entre un pato e a morte que falarán sobre o significado da morte e que pode haber despois desta. O pato acabará aceptando que a morte está aí, que debe chegar, que non se lle pode ter medo, que hai que vivir a vida mentres poidamos. O inevitable paso do tempo transmítese de xeito natural e diáfono, cunha elegancia e sabedoría plena alcanzada nas ilustracións, permeables e narrativas, potencialmente instigadoras de palabras das que non debemos fuxir.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
03/11/09
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Sen comentarios
Publicar un comentario