Fermosísimo álbum, fermoso texto e fermosas ilustracións: así é este libro, A illa dos cangrexos violinistas, con texto de Xavier Queipo e ilustracións de Jesús Cisneros editado por OQO.
Unha nena que ansía saber. Lembranza de que sempre temos algo novo que aprender. Respecto á vellice. Natureza en estado puro. Estes e outros son os temas que nos propón a lectura deste texto, tan ben acompañado por unha ilustración estilizada, maiormente humana, elegante, con fondos mixtos de cor, agochados case baixo a importancia da humanidade. Chegaremos á conclusión de que tan importante é o sabido como o que nos falta por aprender, nun retroalimento entre maiores e nenos que nunca debe rematar. As imaxes son poesía, como poética é a historia onde a natureza animal cobra protagonismo polas súas accións, sempre ao servizo da protagonista.
10 comentarios:
este libro está ben porque os cangrexos axudaron á rapaza
Este libro é bonito, paréceme orixinal que a nena se salvara da picadura grazas aos cangrexos azuis.
Este libro é moi interesante ademais de entretido.
este conto pareceume interesante e gustoume, xa que os cangrexos axudaron á rapaza cando a picou unha serpe.
Este libro fálanos da amizade que se crea entre uns cangrexos e unha rapaza ata o punto de que os cangrexos lle salvan a vida á rapaza
Este libro está ben, gustoume e é bastante entretido.
Este libro fálanos da amizade que se crea entre uns cangrexos e unha rapaza ata o punto de que os cangrexos lle salvan a vida á rapaza
este libro gustoume pola forma que ten de contar o que é a amizade e a confianza
Este libro é bonito porque á rapaza gústanlle os animais e conseguiu que os cangrexos que eran tímidos se fixeran bos amigo
Este libro é moi bonito porque conta a historía dunha nena que se fixo amiga duns cangexos que despois lle salvaron a vida.
Publicar un comentario