Está ben este libro que me "mandou" mercar Colmeiro de Follas Novas: La maestra de piano de Janice Y. K. Lee lévanos da man a un Hong Kong inglés ocupado polos xaponeses na Segunda Guerra Mundial e devolto aos ingleses anos despois (non aos chineses ata moito despois), con todas as tensións, humillacións e iniquidades que supón vivir nun territorio ocupado, e como eses traumas agardan no corazón dos homes para un día rebentar en máis humillacións cos mesmos protagonistas. Situados en dúas épocas seguidas, a década dos 40 e a década dos 50, o amor entre dúas persoas non será suficiente para cicatrizar feridas abertas e nunca pechadas, ata comprender que o anonimato será a mellor solución para fuxir de problemas que a sociedade é quen de valorar. O máis impactante é quizais a supervivencia entre a frivolidade luxosa dunha sociedade abocada á destrución por mor dunha situación histórica que saberá tirar o peor dos seres humanos e o noso afán de supervivencia.
Porque é este e non outro quen move cada día o mundo, aínda que non o saibamos ata que sexan as circunstancias negativas as que nos dominen. Curioso. E estremecedor.
Porque é este e non outro quen move cada día o mundo, aínda que non o saibamos ata que sexan as circunstancias negativas as que nos dominen. Curioso. E estremecedor.
2 comentarios:
Por certo, o que nos "mandou" Colmeiro que che marcaramos?
Noooooooooonnnnn. Ese aínda está na mesiña de noite agardando... non dou feito!
Publicar un comentario