Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

24/11/09

Non á violencia contra as mulleres (CXVI)

Charo, exquisitamente sensible, achéganos unha ollada á arte, máis eficaz que outros xeitos de denunciar explícitos. Novos matices que uns poucos artistas privilexiados son quen de explicar.
Moitas grazas, querida compañeira.





Blogues interesantes aos que acudir:

Karici.es

Mi novio me controla

Homes contra a violencia.

No Blogue da Silva enteirámonos de que:

O proxecto 'En Feminino', no que participan as artistas plásticas galegas, Rebeca Ponte, Mónica Pan, Belén Cossío-Gallego, Lara Pintos, Noelia Buján será presentado ao público o vindeiro 25 de novembro na Sala Francesca de Lleida, abrindo unha xornada de repulsa contra a violencia ás mulleres organizada polo Concello de Solsona, o Consell Comarcal do Solsonés e a Asociación de Mulleres e Teixit Rural. As cinco creadoras amosan con estilos diferentes a imaxe da muller e os seus novos roles na sociedade.




E unha convocatoria sobre Poesía visual.

Ademais, desde o Blogue da Biblioteca Ollos Grandes sabemos dunha exposición do alumnado da Escola de Arte e Superior de Deseño de Murcia.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.