Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

25/11/09

Non á violencia contra as mulleres (CXVII)

Dende o noso blogue, un ano máis.

Miramos en derredor. Observamos. Procuramos solidariedade. Choramos. Enfadámonos. Publicamos. Falamos co noso alumnado. Facermos canto poidamos. A nosa meta? Un gran de area, só un gran que contribúa a erradicar unha das nosas teimas.
Mentres non saibamos respectarnos, mentres non entendamos que os seres humanos somos tod@ iguais, non existirá unha sociedade máis xusta. É o noso labor contribuír, procurala. Non desistiremos.




4 comentarios:

Beni dixo...

Sensibilidade, arte, tecnoloxía... todo unido para dar no clavo unha vez máis. E o actor, de Goya.

Eladio dixo...

Magnífico e elocuente vídeo. Abraiame tanta capacidade. Gran a gran...

Sil dixo...

Encántame o video. Grazas ós dous por esta labor tan grande que estades a facer

Román dixo...

Hoxe cheguei a Trafegando Ronseis dende As Campaíñas, alí descubrín a vosa excelente guía de lecturas para este 25 de novembro e aquí atopo este traballo tan ben feito. Parabéns... unha vez máis.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.