Onte pola maña dous membros da Asociación Galega para a Saúde Sexual (AGaSEX) impartiron aos alumnos de 3º ESO do CPI Don Aurelio de Cuntis o obradoiro "Borramos a violencia de xénero cando debuxamos en igualdade" onde traballaron aspectos relacionados coa concienciación e a sensibilización sobre a situación de desigualdade entre homes e mulleres a través da ilustración, sendo a creación dun cómic referente ao tema a actividade central.
Este taller tivera un precedente semellante no verán dentro das actividades organizadas polo departamento de Xuventude do Concello nas que vinte nenos e nenas de entre 4 e 11 anos a través dos seus debuxos ilustraron situacións de desigualdade entre homes e mulleres. Todas estas ilustracións veñen de ser publicadas hai escasos días baixo o título Corresponsabilidade.
Sen comentarios
Publicar un comentario