Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

05/11/09

Retos matemáticos... e non tanto (XXVIII)

Velaquí estamos unha semana máis para propoñervos novos retos que activen as vosas neuronas...

Reto 1.- Os números primos detectados ata agora son moitísimos, pero hai unha cantidade finita deles. Multipliquémolos todos entre si. Chamaremos ao resultado P.
  • Cal é a cifra das unidades dese número P?
  • A cifra das decenas, é par ou impar?
Reto 2.- Segundo di o meu amigo Vicente o valenciano ten un número de teléfono fixo que non repite ningunha cifra, non contén o cero, é par e ademais as dúas primeiras cifras constitúen un múltiplo de 2, as tres primeiras un múltiplo de 3 e así sucesivamente ata o total que é múltiplo de 7.
Nota: Prescindindo do prefixo, en Valencia os números de teléfono teñen 7 cifras e empezan por 3.

Reto 3.- Se AMX é o segundo e OND o cuarto. Poderías dicir cal é o primeiro?

Reto 4.- Temos 27 bólas semellantes entre as que hai unha máis pesada cás demais. Como poderías atopala facendo tres pesadas nunha balanza que carece de pesas?


11 comentarios:

bolbor dixo...

Vou facer o das bólas... sen máis comentarios.
Divido en 3 grupos de 9. Facendo unha pesada comparo 2 dous dos 3 grupos, se pesan o mesmo a bóla está no outro, se pesa máis un dos grupos... pois estará aí. Collendo as 9 bólas do grupo máis pesado, fago 3 grupos de 3 e repito o proceso. Quedan entón 3 bólas, unha das cales é a máis pesada. Finalmente comparo dúas delas, se son iguais entón a máis pesada e a outra, de non ser así a balanza caería cara a bóla máis pesada.
Este conto é como a vida mesma, para detectar ao máis pesado basta con aturalo 3 veces... jijijii!!
Saúdos para tod@s!!

La secre dixo...

Apartado 1º do 1º:infinitas cifras

o 2º xa aí que pensar máis xDD

Anxinho dixo...

Moi ben, bolbor. Veseque no temas das pesadas eres un experto...

Respecto ao reto 1, querida secre, moito me temo que só hai unha posible solución e non infinitas como dis. Podes empezar por multiplicar os primeiros números primos e ver que acontece...

bolbor dixo...

Sono, soooooono... e no das bólas non digaaaamos...

Anxinho dixo...

hehehehe
(tes saída para todo ca.....zo)
Saúdos

Sil dixo...

Creo que a cifra das unidades do número do reto 1 ten que ser o cero porque ó multiplicar 2 por 5 xa daría 10 e xa se sabe que calquer número multiplicado por cero da cero. Do das decenas aínda non estou segura, pero creo que sería impar, máisquenada por intuición.

Anxinho dixo...

Boa intuición querida Sil pero... poderías dicirme por que? Son un repunantiño xa ves... ;)

Anónimo dixo...

Xa que ninguén responde, sacarei de dúbidas sobre o da cifra impar. Básicamente ten que selo porque se fose par (00, 20, 40, 60 e 80) o número P sería múltiplo de 4, cousa que é imposible ó multiplicar números primos

Anxinho dixo...

Ben!!! Amig@ anónim@, ben resolto.

E logo que pasou esta semana que aínda quedan dous retos por resolver?

Pois eu non penso dar a solución...

bolbor dixo...

A ver, que anda isto un pouco parado...
O número de teléfono sería o 3692584. A dedución: empeza por 3, acaba en 2,4,6,8 (par), a 5ª cifra é un 5 (é divisible por 5 e non contén o 0), a 2ª cifra é 2,4,6,8 (divisible por 2 e non contén o 0), a 4ª cifra é 2,4,6,8 (divisible por 4), a 6ª cifra é 2,4,6,8 (divisible por 6 e entón por 2 e 3), entón hai 4 lugares para 2,4,6,8 polo que na 3ª só pode ir 1,7,9. As combinacións que fan as 3 primeiras múltiplos de 3 son 327,381,369,387 e as correspondentes que fan a 4 primeiras divisible por 4 (as dúas últimas múltiplo de 4)son 3276,3816,3692,3872,3876 e as que fan as 6 primeiras divisibles por 6 (e entón por 3 e por 2) son 327654,327658,381654,369258,387654 e agora só hai que colocar o número que queda e mirar se é divisible por 7.
Saúdos e ánimo... que logo vén o xoves...

Anxinho dixo...

Que faría eu sen ti, amigo bolbor!!!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.