Precioso álbum que reflexiona sobre o valor do traballo colaborativo. A que sabe a Lúa, de Michael Grejniec, editado por Kalandraka acompáñase dun "póster medidor" que encantará aos pequerrechos. Mergullándome para buscar información sobre o libro topei que a nosa querida Loly asegura que "A min sábeme a pan recén cocido no forno preto da casa do meu pai, ás mazás ás que miña nai sacaba brillo antes de poñer no froiteiro do comedor, sábeme a... sábeme moi ben!!". Porque a tod@s nos gusta o seu sabor, segura estou de que tamén tod@s disfrutaredes coa lectura deste libro onde unha lúa xoguetona acapara a maior parte das ilustracións, unha lúa que chegará a xulgar mal polo tamaño...
Desgrazadamente, o que topo salientable sempre está en castelán... Aquí tedes o conto contado:
Desgrazadamente, o que topo salientable sempre está en castelán... Aquí tedes o conto contado:
3 comentarios:
mmmm a min sábeme a bóla de algodón doce, pero tamén a bágoas amargas...
É que este fermoso álbum, cada vez que o leo coa miña "gordecha", faime lembrar eses sabores inesquecibles dun tempo inesquecible...
Bicos
Ena maio de 2008, os nosos nenos e nenas de 1º ciclo, vírono así:
http://bemilladoiro.blogspot.com/2008/05/que-sabe-la.html
Publicar un comentario