Pareceume un álbum fermosisímo: pola súa calidez, pola súa tenrura, polo seu amor incombustible, pola súa fantasía, pola súa ilustración... Só a portada invita a acariñar o libro coma se dun bebé se tratase, e unha vez aberto recrearse en cada páxina para deixar que o amor te envolva con cada ilustración e con cada palabra. Unha ilustración case minimalista pero fonda, con cores suaves postas ao servizo da dozura das palabras. Unhas palabras que recrean o mundo onírico da vida, eses soños que se fan realidade por seren precisamente iso, soños. Porque o libro é a historia dun desexo, un desexo que unha avoa -como son as avoas!- decide facer realidade porque hai que compracer a esa neta que acariña. E esa realidade tradúcese no máis valioso do libro: porque non hai tal visita e non hai decepción, porque os soños son poderosos e ás veces máis importantes.
Así é Soños de circo, escrito por Joxan Ormazabal e ilustrado por Iraia Okina, editado coa maior delicadeza pola Faktoría K de libros, que mereceu o II Premio Etxepare de Álbum ilustrado en euskera.
Unha xoia.
Así é Soños de circo, escrito por Joxan Ormazabal e ilustrado por Iraia Okina, editado coa maior delicadeza pola Faktoría K de libros, que mereceu o II Premio Etxepare de Álbum ilustrado en euskera.
Unha xoia.
2 comentarios:
Anxo, isto si que é un blog bonito.
Aínda que con certo retraso, pola data do 'post', moitas grazas por estas palabras tan fermosas.
Publicar un comentario