Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

13/12/09

Con Xerardo Quintiá

O venres tivemos ocasión de pasar un bo anaco de tempo coñecendo o autor do libro que o alumnado de 1º de ESO disfrutou no primeiro trimeste: Ke-tumba Ke-tamba. Así, Xerardo Quintiá contounos dos seus comezos como escritor, da súa necesidade de escribir, de falar de temas que el considera importantes, do humor... Falou, por exemplo, da necesidade de reivindicar o dereito a ser diferentes, poñéndolles como patrón o protagonista deste libro, un indio que non era coma os outros, a quen non lle gustaban as mesmas cousas, pero non por iso era peor, só era diferente. E falounos desoutro libro que eu amo profundamente, Titiritesa, que aborda a homosexualidade na literatura infantil, prohibido en Italia.
Contestou moitas preguntas e asinou máis libros.



Unha hora interesante e entretida: moitas grazas, Xerardo! E á editorial Galaxia pola oportunidade.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.