Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

10/12/09

... e aínda non rematou o Día

Nin rematou nin rematará nunca, claro está. Como esquecer que o Día dos Dereitos Humanos é cada día da existencia? Pero a necesidade de denominar un día do ano con este termo significa a inmensa capacidade que temos os, precisamente, humanos, de esquecer que Dereitos significa Igualdade, Liberdade, Dignidade...
E como son unha fan incondicional dos álbums ilustrados, topo a miña querida amiga Luz Paramio -a quen tanto admiro- publicando esta breve historia dun dos meus libros preferidos, porque ela mesma mo regalou: Narices, Buhitos, Volcanes y otros poemas ilustrados. Así que, sen lle pedir permiso, recólloa para amosárvola. Está escrita por B. Atxaga e ilustrada por C. Ortin.




Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.