Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

11/12/09

El camino de los sueños

Hoxe estréase unha xoia de documental: El camino de los sueños, onde se relatan as experiencias de Alba de Toro, cega de nacemento, e Núria Fauré, cun 14% de visión nun ollo, na súa viaxe a Anantapur (India) onde ten a súa sé a Fundación Vicente Ferrer. Ambas impartirán cursos de informática e vivirán o día a día da realidade india.
Como Alba di "hai persoas que teñen que loitar moito máis ca min para sobrevivir cada día, e non son cegos".
Unha historia de superación e esperanza.



Vía Lápices para la Paz

1 comentario:

isa dixo...

xa teño ganas de ver todo o documental. Canta humanidade!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.