Este álbum ilustrado non é só unha preciosidade polas ilustracións, senón que tamén o é polo texto, todo un ensino de valores. PRECIOSO. E non o digo só eu, xa que conseguiu o premio Lazarillo de Tormes 2008 ao mellor álbum ilustrado.
Roberto Aliaga, autor, e Roger Olmos, ilustrador, conforman en El príncipe de los enredos unha fábula actual sobre o valor dos bosques, sobre a maldade, sobre o egoísmo, sobre o importante. Porque o engano e a manipulación son os protagonistas das palabras dun corvo que ao fin consegue ser "o rei da nada", porque todo o destruíu. Un texto cheo de poesía e poucas palabras porque máis son innecesarias
5 comentarios:
ten boa pinta, si
falar mal da xente é moi malo porque só provoca soidade
non se pode enredar e tratar mal a xente acaba destruíndo as personas e moita soidade
provocando a xente sempre se consiguen enfados
Gustoume, pero dá pena que ás veces nos deixemos levar polos demais e o cheguemos a perder todo sen poder evitalo por ser demasiado tarde.
Publicar un comentario