Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

02/12/09

Onde viven os monstros



Famosísimo libro do que non nos queda moito por dicir e do que xa falamos en dúas ocasións. Onde viven os monstros con texto e ilustracións de Maurice Sendak está editado marabillosamente pola editorial Kalandraka. Un álbum ilustrado que é todo un clásico entre nen@s e adult@s que nos leva da man polo mundo onírico da imaxinación. Chaman a atención as ilustracións, respectadas por suposto pola editorial galega, con cores opacas que nos levan da man ao mundo de fantasía do neno ata o regreso á súa propia realidade.
E aínda que os protagonistas sexan os monstros, estes son uns seres cercanos e doces incapaces de achegarnos o medo coa súa ollada. Marabilloso é o xeito de fuxir do neno dun feito real que nos procura un entendemento cos sucesos extraordinarios que tampouco o son tanto.

1 comentario:

fernan dixo...

este libro é vellisimo, pero é precioso, sempre

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.