Unha historia chea de optimismo a pesar de que todo lle sae mal ao pobre Ernesto. E para rubricalo, nada mellor ca un final feliz. Ernesto bo día, de José Campanari con ilustracións de Joao Vaz de Carvalho, fará que a túa lectura se convirta nun inmenso sorriso. Moi lograda esteticamente a diferenza entre o que lle vai ocorrendo a Ernesto -nun lado da páxina- e o que acontece na casa da familia da moza -ao outro lado- con debuxos e cores máis rechamantes onde predomina o vermello. Así que, xa sabedes, "a mal tempo boa cara", encaremos todos os problemas con ledicia e saberemos solventalos. Iso, cando menos, é o que se desprende desta amable lectura que nos trae OQO.









1 comentario:
Ernesto...ou Arturo? jejej
Publicar un comentario