Feliz ano... a pesar de todo. A pesar da violencia, a pesar das inxustizas, a pesar das desigualdades, a pesar do paro, a pesar do último decreto do goberno galego.
Porque este é o cometido do noso blogue: un ronsel de Lecturas, un ronsel de Dereitos Humanos, un ronsel de Igualdade, un ronsel de Esperanza, Humor e Matemática. Pero é sobre todo unha débeda que temos coa nosa lingua, este noso tesouro que algúns pretenden facer desaparecer. E desde aquí, desde humilde recuncho, vemos como chega un novo ano que agardamos sexa máis digno, máis xusto, máis equitativo.Hai un ano falabamos de esperanza. A nivel persoal cumpríronse moitas expectativas: o ano que remata faino positivamente. Non sucede do mesmo xeito para a miña alma xemelga e compañeiro deste blogue, a quen, antes que a ninguén, lle desexo que o 2010 sexa moito mellor có 2009: cómprelle abondo.
Pero fóra de nós hai moito mundo que construír. Mentres nós brindamos, haberá nen@s que morren de fame, mulleres golpeadas, homes que loitan en guerras absurdas... o noso desexo remata novamante coa intención de seguirmos denunciando o peor do noso mundo.
Se tod@s loitamos polo mesmo, algo conseguiremos. Non si?
Feliz ano a tod@s. A TOD@S!
13 comentarios:
Feliz 2010 ós meus amigos Gracia e Anxo.....dame pena pasar por Silleda e que non esteades ningún dos dous.
Feliz aninovo para amboslos dous. Bicos
Gracia e Anxo, Anxo e Gracia: Feliz ano e que sigades así. Deséxovos todo o mellor. E non pasarán.
Feliz 2010. Un abrazo.
Bo aninovo para os dous ronseis, que sigan deixando rastros de paixón a vindeira década... e máis. Dá gusto seguirvos, aínda que é imposible pillarvos.
Feliz ano compartido con todos vós. Unha aperta
Feliç Any. Desitjo que tot millori.
¡¡FELIZ ANINOVO!! Os meus mellores desexos para os Ronseis, que o 2010 vos traia moitas ilusións e moitísima sorte. Grazas por compartir tanto e tan fermoso traballo.
Unha aperta,
Julia
Ogallá nos traia tamén un bo ronsel de sentidiño. Hai moito en que empregalo. Apertas.
Feliz 2010!
Desexámosvos tamén un ano moi feliz a toda vosa comunidade educativa.E dende logo compartintoLECTURAS E TRABALLO , incluso en vacaciónS.
Unha apreta
Os nosos mellores desexos tamén para este novo ano.
Apertas como páxinas
Feliz ano, profe
Publicar un comentario