La Ola de Suzy Lee é máis que un álbum fermoso, é un libro para mergullarse nel e nadar a contra corrente para disfrutalo un pouco máis de tempo. Un libro sen palabras porque estas sobran. Con ilustracións sorprendentemente simples, en dous tons, suficientes para crear unha fermosa e conmovedora historia. Un libro que nos lembra que "unha imaxe vale máis ca mil palabras". E iso que son unha devoradora de verbas!
Este libro vén de conseguir o Premio Álbum ilustrado do Gremio de Libreiros de Madrid. Podedes disfrutar del en vídeo se non o tedes:
Sen comentarios
Publicar un comentario