Heinz Janisch e Helga Bansch realizan neste pequeno álbum, Los mejores días, un tributo á imaxinación dos máis pequenos. Cunhas ilustracións que "rebordan" o texto e as páxinas, a nena protagonista lévanos da man polos mellores días da súa existencia, aqueles nos que pode pór todo do revés ou do lado que ela queira, porque eses días son, ao fin e ao cabo, os mellores da existencia.
As imaxes -cheas de colorido e fantasía, tal como o libro require- e o texto compleméntanse de marabilla, indo da man do maxín de Marina. Porque nas nosas vidas o poder de voar dentro nosa nunca debe faltar.

1 comentario:
A min regaloumo un amigo, creo que tamén vale para os adultos, que tamén merecemos os "mellores días"
Publicar un comentario