Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

03/12/09

O circo da bolboreta


"The Butterfly Circus" é a curta gañadora do primeiro premio do concurso "The Doorpost Film Project" que pretende descubrir a cineastas visionarios que busquen coas súas obras a verdade e a promoción dunha serie de valores universais.
Nesta ocasión, os valores son a ESPERANZA, o PERDÓN, a HUMILDADE, a LEDICIA, a LIBERDADE e a REDENCIÓN.
Esta curta de Eduardo Verástegui -co debut cinematrográfico de Nick Vujicic- amosa a maxia de crer que pode haber un mundo mellor se cada dun nós somos mellores persoas: nun circo pequeno en plena depresión americana atopa un mozo sen extremidades que participaba nunha exhibición de rarezas; o director do circo e o valor do mozo logran que este descubra a súa auténtica dignidade como persoa.



4 comentarios:

manu dixo...

pois si que paga a pena velo

Montse dixo...

Preciós curtmetratge. Gràcies.

migramundo dixo...

Paréceme un pouco sensibleira,pero amosa moi ben a capacidade que cada un de nós leva dentro para facer o que queira. O case. Co teu permiso, enlázoa e traduzo a túa síntese. Saúdos.

Ronsel dixo...

Para nós é un honor a túa presenza, sobran permisos. Grazas a tod@s por seguirnos.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.