Aínda non sei como vou falar deste libro que é unha marabilla da literatura galega. En primeiro lugar, como non, agradecer á editorial Galaxia a súa existencia e o agasallo de telo tan axiña: son coñecedores de que devezo polos álbums ilustrados.
Jan estivo alí de Xosé A. Neira Cruz, ilustrado por David Soler, é unha incursión no mundo da arte. A partir dun cadro que tod@s coñeceredes (O matrimonio Arnolfini de Jan van Eyck, 1434, -póñovolo para lembralo-), desenvólvese unha fermosa historia de creación, pintura e testemuño. O cadro estivo envolto nun mistero insolucionábel que Neira Cruz decide solventar deste xeito tan fermoso grazas a ese espello máxico do fondo.
Non podemos esquecer falar das ilustracións coas que David Soler nos agasalla: un xogo de imaxes tiradas doutros cadros -que nos amosan nas últimas páxinas do libro- e do propio O matrimonio Arnolfini.
Aquí tedes un adianto:

4 comentarios:
Tes que devolverlle o libro a quen cho pasou e redireccionar as túas solicitudes de material cara ó comercial que te atura a diario!!!!
Ernestooooo. Non te piques, querido anónimo! Eu non o solicitei, foi un agasallo de folga: pura coincidencia, se non fose así, cando eu podería ver a esoutro comercial que me abandonou hai tempo? Xa sabes que te quero e que me encanta que me atures... na distancia. Non vés nada polo "caralliño"!!!
Pois agora que xa podo dicir que o lin, teño que comentar!
Que bonito é!!!!!!!!
Como dixo quen mo trouxo, 10 minutos pra lelo e 10 pra admiralo...
Un bico!
Xa me dixo Ernesto que estivera contigo hoxe. Envexa me dá!!! E eu xa sabía que che ía gustar o libro, non podía ser doutro xeito, non si???
Un bicazo, miña nena
Publicar un comentario