Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

13/01/10

Un pesadelo no meu armario




Un álbum precioso para @s máis pequen@s de Mercer Mayer que reedita Kalandraka (o libro é do ano 68, case nada!) que lembra moito a estoutro Onde viven os monstros. Un bo xeito para afrontar os medos que non son tales: un neno sabedor de que existe un pesadelo no seu armario decide facerlle fronte... e acaba consolando o pobre pesadelo, que dá moita máis mágoa ca medo. Precioso. Con ilustracións cálidas, enormes, ideais para o tema e acolledoras para @s lectores miúdiñ@s. O sorriso final está garantido.



Um Pesadelo No Meu Armario

2 comentarios:

Marisú dixo...

Ola!! Pois coincido con vos, si que e un libro precioso. Nesta casa o leimos cos nenos cando tiñan...non recordo, pequenos, nunha etapa de medos e pesadelos e, xunto co da "toupiña" e como non o "coelliño branco" era dos que veiamos case todolos dias. ¿como esquezer a cariña de susto do pobre pesadelo?.Un bico, e noraboa polo blog.

Ronsel dixo...

Grazas pola visita e pola lectura, importantes ambas.
Saúdos

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.