Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

11/01/10

Walker Evans

Walker Evans (1903-1975), é un dos fotógrafos estadounidense máis influíntes do século XX. As súas fotos, de mediados dos anos 30 do pasado século durante a Gran Depresión en Estados Unidos, quedaron rexistradas na memoria de millóns de persoas. Amosou as faces e as míseras condicións de vida dos cidadáns norteamericanos das zonas rurais do sur, algo que os seus compatriotas do norte non desexaban ver.
En 1935 Evans, xunto con outros fotógrafos (Dorothea Lange, Arthur Rothstein, Ben Shahn), será contratado pola Farm Security Administration (FSA), durante o Goberno de Franklin D. Roosevelt, a fin de documentar os efectos da Gran Depresión.
En 1936 recibe o encargo da revista Fortune de realizar unha reportaxe sobre a vida de tres familisas de aparceiros do algodón en Alabama, agricultores sen terras que -coma se dos nosos foros se tratase- debían pagar polo aluguer case toda a súa colleita. Pero a revista non quixo publicar as fotos por seren "radicais". Deste traballo sairá logo o libro Elogiemos ahora a hombres famosos (Let Us Now Praise Famous Men), escrito por James Agee.




Vía

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.