Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

28/02/10

Arranxámolo entre tod@s?

Queremos arranxar isto, e non imos agardar a que alguén o faga por nós.

Porque, se non o arranxamos nós, quen o vai facer?
Levamos demasiado tempo vendo en todas partes o mal que está todo. É case o único que nos contan.
Pero a crise non só está aí fóra, tamén está nas nosas cabezas. Fixéronos perder a confianza, contaxiounos o pesimismo, o desánimo.
Isto é o primeiro que debemos arranxar, queremos recuperar a confianza.
Temos motivos para nos animarmos. Nesta web atoparás moitos. Historias de xente coma ti e coma min, que se enfrontaron ao momento, que demostran que con ilusión, creatividade, esforzo e compromiso se pode conseguir todo.
Xente que cre en si mesma e o demostra a cotío desafiando a crise.
Por exemplo, sabías que cada mes se crean cinco mil empresas neste país? Non che parecen cinco mil poderosas razóns para crer?
Queremos que coñezas esas e outras historias, que te inspiren, que te animes, que as compartas, que formen parte das conversas e que consigamos que acaben chegando aos medios de comunicación, aos telexornais, aos editoriais, entre as noticias do malo e o peor.
Temos que contaxiar a confianza do mesmo xeito que se contaxiou o pesimismo.
Porque cando ti, e ti, e ti, e eu, nos convertemos en nós, non hai nada que non poidamos arranxar.





estosololoarreglamosentretodos.org

Toño avísanos sobre esta campaña. Mirade quen paga!:
http://www.nodo50.org/Se-optimista-Consume-hasta-morir.html

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.