Un álbum cheo de maxia, de corazón, de tenrura. O corazón do xastre, escrito por Txabi Arnal e ilustrado por Cecilia Varela está editado por OQO nun libro no que oímos o latexo do corazón. Porque este é o eixo do libro: un xastre que vive ricamente no pazo pero que non sabe como é realmente sentir o amor: amor pola xente e polo que nos rodea. E así comezará unha viaxe iniciática onde descubrirá como é quen de dar amor coas súas puntadas, levando felicidade e deixando gratitude alí por onde pasa.
As ilustracións son unha auténtica pasada, xogando marabillosamente co texto e coa información que este nos dá. Porque ás veces só amosa o que este di, pero outras di o que as palabras non quixeron.
Deixade voar o voso corazón con este libro marabilloso entre as mans. Abride a gaiola.

1 comentario:
Este xa o coñecía. Un libro dos que tocan o corazón...
Publicar un comentario