Que podemos dicir dun texto de Pablo Neruda? Pois se aínda lle engadimos as ilustracións de Elena Odriozola e a edición de Kalandraka... xa podedes maxinar o resultado: unha marabilla feita libro.
O poema de Neruda parte de que un home no alto dun rañaceos colle unha estrela e gárdaa na súa casa, pero a súa luz créalle problemas polo que decide botala á auga dun río. As ilustracións son igual de líricas: reflicten a tristura dos homes, a soidade, o brillo da estrela... cun claro predominio da cor branca.
Asomando á noite
na terraza
dun rañaceos altísimo e amargo
puiden tocar a bóveda nocturna
e nun acto de amor extraordinario
apodereime dunha celeste estrela.

4 comentarios:
Neruda ♥
Por fin, pilleite! Xa sabía eu que Pablo Neruda che molaba... unha con Benedetti, outra con Neruda... dá gusto con estas miñas nenas!
Se vos quere!
Esta colección de álbums estanos dando moitas ledicias. O de Neruda vén precedido por outros dous de Galeano (Historia da resurrección do papagaio, con esculturas de madeira de Antonio Santos) e de Cortázar (Discurso do oso, ilustrado por Emilio Urberuaga). Animámosvos a coñecelos. Grazas e unha aperta.
O primeiro está aquí, lido colgado desde hai un tempo:
http://trafegandoronseis.blogspot.com/2009/08/historia-da-resurrecion-do-papagaio.html
E desexamos o de Cortázar, desde logo!
Publicar un comentario