Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

23/02/10

O idioma máis simple do mundo


Dos 6.000 idiomas que se falan no planeta, o idioma da tribo piraha, localizada na ribeira do río Maici, en Brasil, é o idioma máis simple do mundo, falado por 200 persoas. Esta lingua carece de palabras para expresar o concepto dun número específico, polo que as cantidades exprésanse de maneira relativa. Isto, claro, porque contar non é útil na súa cultura. Tampouco teñen palabras para designar as cores, nin pronomes nin oracións subordinadas. Só teñen 8 consoantes (7 as mulleres) e 3 vogais. E son monolingües. Para compensar, a lingua piraha posúe unha morfoloxía verbal moi complexa, así como un sistema prosódico enleado.
Seguro que a maior parte do noso alumnado preferiría estudar este que o noso.

Vía Papel en blanco.
Para saber máis, preme aquí.

Grazas ao comentario de Migramundo chegamos a este vídeo:



2 comentarios:

migramundo dixo...

Este é un caso ben coñecido entre os sociolingüistas, que o poñen como exemplo, entre outras moitas cuestións, de como se pode recuperar unha lingua. O pirahá estaba a piques de desaparecer ata que o misioneiro Everett (http://www.youtube.com/results?search_query=daniel+everett+piraha&search_type=&aq=f)deu coa tribu amazónica que o fala. Conviviu con eles unha chea de anos, deprendiu a súa lingua, sistematizouna, etc. Mantén unha relación moi íntima con ise pobo, tanto que acabou renunciando ao cristianismo. Un caso moi curioso, pero non estou seguro de que bote por terra as teorías sobre a adquisición da linguaxe que defende Chomski, como afirma a reportaxe. Non coincido co cambiante ideario lingüístico de Chomski, pero creo que a súa afirmación de que todos nacemos cuns universais lingüísticos non é de todo desbotable. Sexa como sexa, o tema é apaixoante. Saúdos

paideleo dixo...

Gustoume muito todo e como fala Dan Everett o máximo.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.