Estupenda iniciativa a da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística: Orgullosos do noso, orgullosos da nosa lingua.
Martín (Martiño???) Rivas, Belén Regueira, Antón Reixa, Susana Seivane, Luís Tosar e María Castro están orgullos@s do galego ao 100%:
En galego, proba e verás from Coordinadora Galega ENDL on Vimeo.
4 comentarios:
A campaña "Orgullosos do noso, orgullosos do galego" paréceme, niste intre e no actual contexto (o decreto, xa sabes), un recoñecemento explícito de que se considera e se trata ao galego como unha lingua minoritaria e minorizada. Non é, francamente, para sentirse orgullosos. Particularmente, parécenme ridículos e absurdos tanto a campaña como o vídeo. Sorpréndeme que Tosar se preste a esta manipulación. Saúdos.
Coido que me trabuquei ao interpretar o sentido da campaña, pensei que viña da outra banda. Aínda así, non vexo claro o asunto. Non ten a claridade nin a forza que require unha cuestión tan especial coma esta, e o vídeo paréceme moi pobre, máis propio dos partidarios do 33%. Quizáis de aí o meu erro. Confío en no ter molestado. Saúdos.
Eu creo que ten moita da nosa retranca, pero aínda con toda a súa ironía é directa e eficaz. E creo que pode axudar a desmontar tanto prexuízo que contra a nosa lingua anda solto
Muchas gracias por tu ofrecimiento, lo tendré presente cuando lo necesite. Gracias y saludos.
Publicar un comentario