Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

08/03/10

Día da Muller

Como vén sendo habitual, a compañeira Bea achéganos o seu cartaz elaborado para este día:



Tiñamos gardada esta presentación que Rosario Golmar nos enviara hai tempo ao correo para este día. Fálanos da importancia da lectura e da escritura na nosa historia:



Sabedes, asemade, que a maioría dos post estes desta semana pasada xiran arredor deste día. Feliz día, mes, ano, da Muller. Que a igualdade sexa un feito, non un soño!

Literatura de mulleres.

3 comentarios:

I. CAMACHO dixo...

Precioso. Parabéns e saúdos dende Loranca.

Anónimo dixo...

É unha verdadeira pena que non poida le-lo ben... Superpóñense as letras na presentación, pero resulta moi fermosa...

Vouvos coller algunha xoia pra compartila.

Un saúdo!

Anxinho dixo...

Problema das letras superpostas arranxado! Ás veces acontece cando se usan fontes raras...
Grazas polo aviso!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.