
Se antes falabamos de que as súas obras conseguían manternos o sorriso perennemente, nesta consegue que a dor nos funda, que a carraxe perdure no noso sentir porque é inevitable, porque este mundo inxusto se nos presenta así, nu, desprovisto de toda fantasía, de toda poesía, de todo artificio. Estamos ante un mundo real vivido por uns personaxes que viven ao noso carón, que senten unha dor que non nos é allea. Dous aspectos destacables: a actualidade do texto nunha nosa sociedade emigrante que acolle arestora tamén ela inmigrantes que viven o drama da explotación, e a soidade persoal acompañada como conflito social.
Sen comentarios
Publicar un comentario