Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

03/03/10

A incríbel historia da nenapaxaro e o galopín




Anna Castagnoli é a autora deste fantástico álbum, A incríbel historia da nenapaxaro e o galopín, ilustrado por Susanne Janssen. Un libro que lembra fondas historias clásicas, xa que o protagonista decide pór distancia respecto ao un mundo do que non gusta, nunha especie de búsqueda interior, coa importancia do afecto planeando en derredor, baixo unhas ilustracións con diferentes perspectivas remacardas pola cores negra e vermella, de forte expresividade e coidado nos detalles.



“Aquel neno pasaba as horas subido nunha gran árbore. A nai berráballe desde a venta: Es un galopín! E isto, todos os días de todos os meses do ano, tanto e tan seguido que o neno esqueceu o seu verdadeiro nome. Mais un día estraño de maio, o galopín atopou na copa da árbore un pequeno ovo de paxaro...”




Este libro tamén forma parte da exposición que temos no centro estes días.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.