Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

03/03/10

Un segredo do bosque



Un segredo do bosque, escrito por Javier Sobrino e ilustrado por Elena Odriozola conta unha fermosa historia de amores imposibles en pleno bosque. Pero este amor é un segredo a voces que non se nos desvela ata o final do conto: porque, como é que se namora un esquío dun peto? Pero a historia voará por riba de limitacións impostas demostrando que o amor é máis importante que calquera convención social, mentres imos seducíndonos coas ilustracións, fermosas, delicadas, ocres e marróns, onde podemos ver uns animais cómplices da paixón, porque todos eles encaran o estado do namoramento de diferente xeito, e ningún deles servirá para o esquío, quen -como adoita ocorrer- non saberá actuar ante a súa namorada.
Precioso.



Este libro, xunto con outros moitos, podes desfrutalo na exposición que estes días temos no centro.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.