Para a produción de chocolates, a empresa Nestlé compra aceite de palma ao grupo empresarial Sinar Mas, compañía que está a destruír as selvas de Indonesia para estender os seus cultivos de palma aceiteira, que é a planta da que se extrae un aceite utilizado como ingrediente en moitos produtos de chocolate, como o Kit-Kat.
Greenpeace acusa a Nestlé afirmando que está causando a destrución das selvas de Indonesia, o que contribúe ademais a agravar o cambio climático e á destrución do hábitat do orangután, especie en perigo de extinción. Cando lle requiriu á multinacional que suspendese as compras deste tipo de aceite, Nestlé responde vetando o vídeo da ONG en Youtube.

3 comentarios:
O_O
cagona! todas as cousas ricas ricas teñen algún mal, aparte do que engordan jeje
Cagona, si... dáche rabia, porque agora vas pensar antes de mercalo: debo ou non debo? E lembraraste de min e non o comparás... a min xa me pasou o outro día!!!
Creo que tamén é importante que o aceite de palma e coco son os máis nocivos para a nosa saúde e as multinacionais úsanos como un ingrediente barato que fai que ganen máis en cada produto. Por que non utilizan aceite de oliva ou xirasol? Estarían apoiando este tipo de cultivos no noso país e mellorando a calidade final do produto que nos venden aos consumidores.
Interésame ese aspecto ecolóxico pero tamén dietético.
En calquera caso, invítovos a que leades as etiquetas doutros produtos similares a este e veredes que todos teñen os mesmos ingredientes e o aceite de palma é un deles.
Publicar un comentario