Desde o inigualable Mesturas:
Queremos falarvos nestas datas das mulleres Meena en Rajastán, India, e da súa arte coñecida como Mandana. Consiste basicamente en decorar colectivamente o chan e as paredes dos seus fogares, prestando especial atención aos muros exteriores dos mesmos co que a súa arte adquire matices moi interesantes ao redefinir os espazos sociais e os roles que tradicionalmente son asignados ás mulleres nestas sociedades rurais, nalgunhas das cales, como é o caso, as mulleres levan a cabeza cuberta cando saen ao exterior.
Tamén fainos pensar de novo na lixereza coa que a miúdo etiquetamos unha manifestación da creatividade ben como arte ou ben como simple mostra artesanal merecedora, como moito, dalgún estudo etnográfico. Que é, pois, arte?. Por que a creatividade de tantas mulleres foi tradicionalmente ignorada? Por que estas e outras excelentes manifestacións xurdidas no ámbito doméstico e cotián non contan? É arte só aquilo polo que pagamos nunha galería ou admiramos nun museo?. Non pode haber arte de balde? Ten que estar indisolublemente asociado ao pracer, ao lecer e ao diñeiro? Non pode ter a arte unha dimensión social , non pode haber arte colectiva? Non pode ser efémera a arte? Non pode variar coas estacións, cos acontecementos da comunidade como fan estas mulleres que cambian constantemente os motivos das paredes das súas aldeas?. Elas saben que canto máis fermoso e coidadoso é o seu traballo, vólvese máis fráxil ao sol, ao vento e a choiva. Aínda así non escatiman esforzos con cada cambio de estación, con cada voda, con cada festival Así nos recordan a fraxilidade da beleza, fálannos do efémero da vida, da morte, da renovación. E sobre todo son a proba de que a creatividade debe formar parte e enriquecer a vida cotiá, non ser un luxo reservado a uns cantos afortunados que xa teñen as necesidades básicas sobradamente aseguradas.
Faise necesaria unha nova e máis ampla definición de arte e as súas posibilidades. Quizais estas manifestacións das mulleres Meena e outras semellantes poidan saír algún día dos seus nichos antropolóxicos e dar cabida a prácticas artísticas máis amplas e liberadoras onde o público e o privado poidan interactuar con máis enriquecemento mutuo.
Deixámosvos con este documento do libro “Nurturing walls. Animal Art by Meena Women”, de onde proceden as ideas arriba expostas.
Nurturing Walls: Animal Art by Meena Women
Copyright © 2008 Tara Books Pvt. Ltd
For the photographs : Madan Meena
For the text: Gita Wolf and Madan Meena for their respective essays
Design: Natasha Chandani, localfarang.com
Production: C Arumugam
Printed and bound in India by AMM Screens

2 comentarios:
Finalmente, apareceu a proba do delito. En efecto, Desván de los Monjes ou Toro puido escoitarse na voz do Conselleiro de Cultura: http://pawley.blogaliza.org/2010/03/07/o-video-do-desvan-de-los-monjes/
Saúdos
Grazas por avisarnos: xa nos tildaban de inventores!
Publicar un comentario