Non coñecía este autor arxentino, Fogwill, de quen me aseguraron este, Un guión para Artkino, era un dos seus mellores libros. Unha novela hilarante, irónica, profunda, diferente, que nos presenta unha Arxentina socialista chea de personaxes macabramente corrompidos pola avaricia, a envexa, os ciumes, a ambición... Unha burla utópica que nos remite a que o ser humano é quen de estragar calquera ideoloxía pola súa propia condición de ser como é. Por iso, toda fermosura ideolóxica non será levada a bo termo xa que a realidade que debemos vivir nos conduce por outras vías moi diferentes. O propio protagonista é un oportunista que se defende a si mesmo culpando de todas as desgrazas aos demais, a todos cantos lles rodean, porque el crese máis íntegro ca ninguén. Pero non o é. É tan desprezable ou máis.
Unha lectura que nos pode lembrar o inesquecible 1984, este libro é unha proposta máis que interesante que axuda a reflexionar baixo a gargallada (un dos problemas que se debe atacar neste réxime é a forza dos "latinistas").

Sen comentarios
Publicar un comentario