Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

23/04/10

Abril mes dos libros, Maio mes das letras

Moitas e variadas son as actividades que estamos a organizar estes días, e das que vos iremos informando pouco a pouco, a medida que o tempo nos vaia ofrecendo respiros. Comezamos a Olimpíada do Saber para o alumnado da ESO, unha actividade que se prolongará ata ben entrado xuño, e estes dous meses tamén propuxemos o concurso "Fotografar a lectura" do que vos deixamos o cartaz:



Xa sabedes que se queredes participar tedes que mandar as vosas fotos a este enderezo:

carballopequeno@hotmail.es

O prazo remata o 11 de maio.

4 comentarios:

Ernesto dixo...

E só para alumnos?

Ronsel dixo...

Queres participar? Anímate!

bibliotecadocole dixo...

Precioso cartel!!E a idea é estupenda. Gustaríanos facelo no noso cole.Pódese copiar???

Ronsel dixo...

Por favor, iso non sería copiar. PAra algo está aquí: non somos da SGAE!!!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.