Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

23/04/10

Día do Libro


No Portal da Unesco atoparedes información sobre este Día.

Desde o Ceip de Cespón esta webquest sobre o Día do Libro.

Julia, de O recanto de Mik, fai esta selección de recursos para este Día.

Desde a Asesoría das Bibliotecas Escolares vén este cartel:



con esta información:

Co gallo da celebración do Día Mundial do Libro 2010, Ano do Libro e da Lectura de Galicia, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria difunde o texto que Juan Mata escribiu como agasallo para a Rede de bibliotecas escolares de Galicia e para conmemorar este día.
O autor repara na función dos lectores como axentes que poden contaxiar as ganas de ler, pero aposta por unha actitude honesta e humilde: "Sempre preferirei a discreción do exemplo á barafunda dos discursos. Se me presento ante un grupo de nenos limítome a abrir un álbum ilustrado e lelo con delicadeza e fervor, se estou en fronte de adolescentes non lles falo nin como un colega nin como un académico senón como alguén que coa súa idade descubriu nos libros o que a vida lle ocultaba..."
Texto completo aquí.


Esta semana, a próxima, o Día de hoxe, vai ser un día que una a todas as Bibliotecas Escolares Galegas.

Unha iniciativa que partiu do Club de Lectura Virtual de Implicadas e que chegou a través da Asesoría de Bibliotecas Escolares, deu pé para que as compañeiras Loly e Olga elaborasen un fermoso traballo:

A proposta consistía en respostar á pregunta PARA QUE LES? en non máis de 140 caracteres. Ao blog de Implicadas comezaron a chegar respostas que se foron recollendo e enmaquetando cos carteis de de Jaime Eizaguirre Santillán, quen agasallou os seus deseños.

Logo cada centro traballa sobre o tema para encherse de comentarios que responden a esta sinxela e complicada pregunta.

Esta é a selección que nos chega desde Malpica:







Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.