Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

26/05/10

Cazar pantasmas na biblio

Vímolo o outro día no blogue de Miguel Calvillo e topámolo novamente en Papel en blanco. E como xa nos encantara na primeira volta, non podemos seguir sen traérvolo para que o disfrutedes. Xa o diciamos nós: a biblio é un lugar de encontro... para o que faga falla!
A culpable de todo o que vexades no divertido vídeo é a propia biblioteca, que pediu a Improv Everywhere que se encargase desta representación para lembrarlle á xente o importante que é a Biblioteca Pública de Nova Iorque. Xa a famosa película comezaba neste mesmo escenario. O motivo? A crise. Si, si, a crise que esa cidade tamén vive e que afectará ás bibliotecas recortando os presupostos.




Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.