Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

17/05/10

Día das Letras Galegas II

De todos os traballos compilados no blogue de Normalización queriamos destacar algúns para traervos aquí. É difícil a escolla.
En primeirísimo lugar, debedes ir ao blogue da biblioteca do IES Sánchez Cantón, Mesturas, para alucinar co traballo que realizaron nas aulas de TICS.
En Vieiros tedes un máis que interesante especial sobre o autor.
En Biblicabe unha enquisa a ver canto sabedes.
Un blogue sobre Novoneyra do alumnado do IES Castro da Uz, As Pontes.
Estes Poemas do Outono do CPI de Baralla, Luís Díaz Moreno

e a recuperación da memoria histórica:



Esta entrevista inédita:





Por suposto, lemos o que publicou As Mariñas sobre Novoneyra e os libros:

"O libro, certos libros facilítanlle ó home a máis crítica e veraz información frente os medios de comunicación de masas dominados polo poder ou polos intereses dos que o detentan.

Claro que a información nos libros ás veces chéganos demasiado tarde pra asistirnos no intre dunha urxencia de decisión que si a demoramos pode vir demasiado tarde. Pero hai tamén decisiós ou tomas de postura pra longo que nos deixan tempo. E aí sigo o sitio do libro reflexivo e máis fiable.


Libros contra a soedade do home.

Libros contra a desinformación.
Libros contra a malformación.
Libros contra libros.
Libros pra soñar i adiantar o posible.
Libros pra saber que as nosas dores non son solo nosas e pra mover a solidaridade que a nós tamén alcance.
Libros pra avantar.
Libros pra volver ó orixen.
Libros pra ler unha vez.
Libros pra ler máis veces.
Libros pra ver outro camiño, que pudo ou que pode ser o noso.
Libros pra erguerse.
Libros pra sentir indignación.
Libros pra sentirse culpabre.
Libros pra sentir o novo que está surxindo noutro sitio e que nos pode chegar, que nos chegará.
Libros pra suscitar.
Libros pra alentar.
Libros pra non cair baixo a trivialidade do exterior cotidiano.


Libros pra ser libres (importante).

O libro tamén teñe unha especial siñificación si pensamos concretamente en Galicia, na reivindicación da nosa patria e da nosa lengua, na verdade depositada na nosa lengua.

A moderna cultura galega, a moderna concencia galega, fíxose primordialmente a base de libros."


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.