Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

17/05/10

Día das Letras Galegas

Recomendámosvos ir ao noso blogue de Normalización para ver a recompilación de todo o que se publicou nos blogues tanto de Normalización como das Bibliotecas Escolares arredor da figura de Novoneyra, ademais de recoller outro tipo de novas. Creo que quedou bastante completo. É un orgullo pertencer a un gremio de traballadores que demostran cada día a súa preocupación por formar o alumnado.
O noso Día das Letras estivo cheo de música, poemas e cartaces. Grazas a todos e a todas por axudarnos na celebración dun Día tan importante. Pero do Día das Letras Galegas é todos os días do ano.
Aquí tedes algunha mostra:







Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.